Saturday 01 de June de 2024

A Travesía a Nado Praia de Coroso celebra a súa 28 edición


O Concello de Ribeira, a través da Concellería de Deportes, organiza, en colaboración co Clube de Natación de Ribeira, a XXVIII Travesía a nado da Praia de Coroso.

O evento, que se celebrará o martes 15 de agosto ás 11.00 horas, contará con 10 categorías que van dende os 250 metros ate os 2500 metros. As inscricións poden facerse ata o sabado 12 de agosto de 2023 as 23:59 na páxina web www.galitiming.com. Durante todo o percorrido da proba contarase coa colaboración de protección civil, lanchas e socorristas para garantizar a seguridade dos nadadores e proporcionar axuda en caso de ser necesario.